Detectado un gromo con sete positivos no Hospital Provincial de Pontevedra
Publicado o 20/10/2020 14:59
Imos ata Pontevedra, onde se detectou un gromo no servizo de oncoloxía do Hospital Provincial.
As autoridades sanitarias sospeitan que a orixe deste gromo pode estar nun dos acompañantes dos once pacientes ingresados na planta número dous do Servizo de Oncoloxía deste hospital.
Ata o de agora confirmáronse sete persoas con positivo en covid-19, entre eles un profesional sanitario.
Agárdase polo resultado das probas realizadas aos ingresados e ao persoal sanitario do servizo de oncoloxía.
Mentres, todos os pacientes foron trasladados ao hospital de Montecelo para cumprir a corentena, xa que é nese centro onde están as dependencias de hospitalización covid que o Sergas habilitou dende o inicio da pandemia.