CRTVG

Buscar

Detectado un caso da nova cepa do coronavirus en Xibraltar

Publicado o 21/12/2020 20:18

Ringleiras de persoas á entrada deste supermercado londiniense. Dentro, algunhas baldas comezan a quedar baleiras. Os produtos que debían enchelas están ao outro lado desta fronteira: o porto de Dover, principal entrada de mercadorías procedente do continente está pechado.

Seguirá así durante 48 horas, decisión do presidente Macron, alarmado como medio mundo ante a nova cepa do coronavirus. 6.000 camións que debían saír do país están atrapados: para moitos camioneiros españois, está decisión suporá pasar a Noiteboa lonxe da familia. Igual que España, unha vintena de países europeos pechou os seus aeroportos aos voos británicos. Antes, a variante do virus logrou coarse, que se saiba, en Italia, Dinamarca, nos Países Baixos, en Bélxica e ata en Australia.

Tamén hai un caso en Xibraltar, detectado xa en novembro, segundo informou o ministro principal da Rocha. Segundo as primeiras análises, a cepa do coronavirus é ata un 70 % máis contaxiosa que a anterior, pero nin causa unha enfermidade máis grave nin unha maior mortalidade, din desdde a Organización Mundial da Saúde. Tampouco hai probas, dixo a directora da Axencia Europea do Medicamento, de que a vacina non sexa efectiva contra ela.

 

Noticias web

21/12/2020