CRTVG

Buscar

Detectado nun cribado o contaxio dun usuario dunha residencia de maiores de Sarria

Publicado o 08/06/2021 15:35
Detectado nun cribado o contaxio dun usuario dunha residencia de maiores de Sarria

Nun cribado foi onde se detectou o contaxio dun usuario dunha residencia de maiores de Sarria. É o primeiro residente contaxiado dende que estes centros quedaran libres de covid o pasado 16 de maio. O maior contaxiado xa recibira as dúas doses da vacina, polo que está inmunizado. Permanece illado do resto e non ten ningún síntoma da enfermidade. O cribado realizouse despois de que dera positivo unha traballadora do centro.

Noticias web

08/06/2021