CRTVG

Buscar

Detectada a variante india da covid en augas residuais da Coruña

Publicado o 19/06/2021 12:50

E este sábado soubemos que foi detectada a variante india, a coñecida como delta, nas augas residuais da Coruña. O proxecto CovidBens, que rastrexa o coronavirus nas augas residuais da cidade e da súa área metropolitana para obter datos sobre a incidencia do virus e detectar posibles repuntas, identificou a presenza da cepa.

O primeiro caso desta variante india foi detectado en Galicia nun barco atracado no porto de Vigo. Houbo daquela un gromo controlado entre os mariñeiros do buque. Agora, coa detección nas augas residuais, queda claro que esta variante circula pola nosa comunidade.

Segundo os expertos, sería unha cepa máis contaxiosa pero sensible ás vacinas autorizadas.

Noticias web

19/06/2021