CRTVG

Buscar

A Revista

Desvían a Santander un avión Alacante-Dublín para desembarcar unha parella 'conflitiva'

Publicado o 12/01/2018 13:03

De Alacante a Dublín con parada en Santander. Non cabe dúbida de que é unha ruta estraña, pero ten a súa explicación.

O comandante dese avión decidiu facer unha parada imprevista no seu voo para desembarcar unha parella que estaba a ter un comportamento, digamos, non axeitado. Os dous tiñan unha actitude agresiva con claros sinais de embriaguez. Unha vez na pista, foron os axentes da Garda Civil os que os desembarcaron entre os aplausos dos demais pasaxeiros. O avión engalou unha hora despois e seguiu a súa traxectoria con normalidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

12/01/2018