Desvélanse os Premios da Cultura Galega 2019
Publicado o 27/11/2019 19:59
Xa se coñecen os Premios da Cultura Galega 2019. O filólogo Xesús Alonso Montero, o músico Amancio Prada ou a restauración do Pórtico da Gloria son algúns dos galardoados.
A serie O sabor das margaridas leva o premio no apartado audiovisual. Tamén se recoñece o papel da mestra Pilar Ponte Patiño, da escultora Soledad Penalta, da compañía Monicreques de Kukas e do programa Galego en Londres.