CRTVG

Buscar

Destrúen tumbas neolíticas de 6.000 anos de antigüidade no Irixo, en Ourense

Publicado o 22/04/2019 23:22

Catro persoas están baixo investigación nunha operación dirixida polo Seprona baixo a denominación de Sepulcrum, por seren destruídas tumbas neolíticas de seis mil anos de antigüidade.

A asociación cultural e ambiental Mámoa verde patrimonio denunciou danos en tres pezas situadas na parroquia de Santa Mariña de Loureiro, no témino municipal do Irixo en Ourense.

Unha tumba, coñecida por Túmulo de Barro, foi totalmente destruída e sufriron danos importantes a túmulo 3 e 4 da Bullagueira cos mesmos seis mil anos de antigüidade.

Os estragos producíronse como consecuencia da maquinaria usada para unha plantación de piñeiros que, segundo a investigación, "non tiñan ningún tipo de autorización".

As catro persoas foron interrogadas pola presunta comisión dun delito sobre o patrimonio histórico e os axentes remitiron as dilixencias ao Xulgado de Primeira Instancia a Instrución número un do Carballiño.