CRTVG

Buscar

Desfan cun machete un radar de Valga

Publicado o 15/05/2019 21:36

A imaxe, pódese comprobar, é ben curiosa. Un radar de velocidade cunha machada pendurada. Iso si, despois de bater nel e acabar escachando a cámara do aparello. Os estragos son evidentes e unha parte da machada aínda permanecía hoxe no lugar. Quen o fixo actuou de noite. Pola mañá, o radar co machete cravado chamaba a atención tanto de veciños como dos condutores da N-550. 

Outros veciños si escoitaron os golpes. Prefiren non falar diante das cámaras, pero confírmannos que foi á unha da madrugada e que viron un coche fuxir. Pensan que o feito de deixar atrás a machada foi porque quedou enganchada e por non demorarse máis. Os motivos que levou o autor ou autores dos feitos a facer tal son todo suposicións.

Sexa como sexa, tamén nos contan que este radar, agochado detras dun cartel e tapado por maleza, é un vello inimigo no lugar. Pintárono e rompérono en varias ocasións. Iso si, nunca antes deixaran probas tan manifestas. Precisamente, pola reincidencia no ataque, desde hai un tempo unha cámara de seguridade vixía o aparello. Así que, o que agora son todo suposicións, pode que teña nome e apelidos en breve.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019