CRTVG

Buscar

Destínanse 23 millóns de euros para os danos dos incendios de outubro

Publicado o 04/06/2018 21:17

A Xunta valora en 23 millóns de euros o total das axudas que hai que desembolsar pola vaga de incendios do mes de outubro. Ademais outros dous millóns de euros destinaranse a danos en bens de titularidade municipal. O Goberno galego faise cargo do cincuenta por cento dos custos, mentres que o restante corre a cargo doutras administracións.  

A Xunta xa desembolsou as axudas máis urxentes, as que corresponden ás familias dos falecidos e aos feridos. As que dependen do Medio Rural, Economía, Emprego e vicepresidencia, Infraestruturas e Vivenda e que ascenden a 13 millóns de euros, comezaron a comunicarse recentemente. Invisten ademais 10 millóns de euros no arranxo dos montes, estradas e parques naturais e forestais afectados polo lume. En total 23 millóns de euros. Hai tamén axudas específicas para os concellos para paliar aqueles danos que non se inclúan nalgunha das anteriores axudas. Desta partida, 1.300.000 euros destinaranse á provincia de Ourense e 660.000 á de Pontevedra.

A Xunta faise cargo da metade do importe total das axudas, o outro cincuenta por cento  achégano outras administracións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2018