CRTVG

Buscar

Desta vai! O lema do BNG para as eleccións dp 10-N

Publicado o 27/10/2019 15:20

Desta vai! foi o lema escollido polo BNG para encarar a campaña electoral do 10 de novembro. Presentouse como o único partido capaz de levar a voz da cidadanía galega a Madrid, no seu encontro nacional coa militancia e simpatizantes.

A súa voceira, Ana Pontón, animou á mobilización do voto enfadado para apostar pola defensa dos dereitos e das liberdades públicas e polos intereses galegos frontre ao bipartidismo centralista. Recordou as promesas incumpridas nos últimos meses e a ausencia de solucións para os problemas reais do país. 

"Este 10 de novembro vai de que hai que salvar os 6.000 empregos en xogo no sector industrial; vai de como subir as pensións, que son as segundas máis baixas do Estado; vai de acabar coa estafa da AP-9, vai de que ten que chegar o AVE, pero que temos dereito a un servizo de proximidades, vai de que paguen as débedas en dependencia."

Noticias web

27/10/2019