CRTVG

Buscar

Despréndese a metade do arco da escultura do Teucro, en Pontevedra

Publicado o 11/10/2019 15:31

Tremendo susto esta mañá en pleno centro de Pontevedra. Un par de anacos do arco do Teucro que coroa o edificio da Fundación caeron sobre a praza e a piques estiveron de impactar sobre un vehículo e unha parella.

Contra as once da mañá parte dese arco que porta o Teucro caeu sobre a praza de San Xosé obrigando a un vehículo e facer manobras evasivas e caendo moi preto dunha parella, finalmente non houbo feridos. A Policía Local restrinxiu a circulación e os bombeiros cortaron o resto do arco para evitar novas caídas.

A escultura de seis metros do mítico fundador de Pontevedra colocouse na última reforma da sede social da Fundación acometida por César Portela. A escultura feita en bronce e calamina foi esculpida por Cándido Pazos.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí