CRTVG

Buscar

Desprendementos de terra na AP-9 en Vigo e na N-550 en Caldas provocan problemas no tráfico

Publicado o 16/12/2019 10:29

Un desprendemento de terra en Vigo e a caída dunha árbore en Caldas interromperon esta mañá a circulación na AP-9 e na Nacional 550. Un dos cortes de vía tiña lugar neste punto. Na AP-9, á altura do quilómetro 160, en Cabral, produciuse un desprendemento pouco antes das 6 da mañá. Isto obrigou a cortar a saída en direción a Tui, para que os operarios puideran realizar traballos de retirada da terra que caeu sobre a calzada.

Por outra banda, en Caldas, na nacional 550, na variante en sentido a Santiago, tamén está a haber problemas de circulación debido a un desprendemento e á caída dunha árbore, que invadiu a estrada.

Noticias web

16/12/2019