CRTVG

Buscar

Despregamento especial da CRTVG na xornada do 10-N

Publicado o 10/11/2019 09:37

O servizo de informativos desta casa fará un despregamento especial nesta xornada electoral. Unha programación centrada nos comicios con xornalistas destacados nas sedes electorais tanto en Galicia como en Madrid, así como máis de 20 puntos de directo.

Desde o primeiro sobre na urna ata a madrugada, o servizo de informativos da TVG afánase este domingo coa xornada electoral. Ana Celia Vázquez "Estamos diante dunhas eleccións claves para o desbloqueo político, unha segunda cita coas urnas 196 días despois e para a que a TVG volve despregar unha cobertura especial".

A programación especial comezará ás 9 da mañá coa apertura dos colexios electorais. Ás 10.30 adianto informativo cos primeiros datos dos comicios e ás 12.30 na Revista coñeceremos as primeiras declaracións dos líderes políticos. Xa ás 14.30 o Telexornal mediodía estará dedicado íntegramente á xornada electoral. Marta Darriba "Teremos xornalistas destacados en todas as sedes electorais tanto en Galicia como en Madrid e máis de 20 puntos de directo que nos permitirán coñecer resultados e reaccións en tempo real."

Marta Darriba e Ana Celia Vázquez presentarán o Especial eleccións que arrincará ás 19.30 da tarde e se prolongará ata as doce e media da madrugada. Ana Celia Vázquez "Veremos en directo como pechan os colexios electorais e ás oito en punto ofrecerémoslles o resultado da nosa enquisa" Marta Darriba "Para comentar as claves buscamos os mellores expertos en demoscopia e análise política, dúas mesas de debate que nos permitirán visualizar o escenario ao que se enfronta o país tras os comicios"

Un especial que incluirá conexións en directo coas sedes dos principais partidos onde coñeceremos as primeiras reaccións aos resultados. Un enorme despregamento técnico e humano desta casa. Carlos Amado " E todo coa última hora desde aquí desde a redacción e na nosa páxina web g24.gal"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019