CRTVG

Buscar

Despois de tanto tempo, usamos axeitadamente as máscaras?

Publicado o 12/08/2020 15:07

Abonda con observar un pouco na rúa para comprobalo. Todos vemos con frecuencia xente que a leva mal posta, cando sempre hai que tapar o queixo e o nariz, que polo nariz tamén expulsamos gotículas.

É importante saber como poñela e como quitala, tocando sempre as cintas e coas mans limpas. Para gardala, buscar un recipiente de material transpirable, como un sobre ou unha bolsa de tea.

E, algo moi importante, non podemos usala máis de catro horas. Pasado ese tempo, hai que cambiala por unha nova ou unha limpa. 

Noticias web

12/08/2020