CRTVG

Buscar

Despois de 34 anos volveuse celebrar en Cervantes a feira do gandeiro de montaña

Publicado o 11/05/2019 17:25

Esta mañá celebrouse na localidade cervantina de San Román a primeira feira do gandeiro de montaña, un espazo no que se quixo reivindicar unha figura clave para a economía e a dinamización da zona. Había 34 anos que non se celebraba este encontro. Dende as nove da mañá foi chegando o gando. Están afeitos á vivir ceibos, pastando na montaña, co cal viñan revoltos tralo traslado nos camións.

Hoxe tamén é un día extraordinario para os seus donos. Despois de trinta e cinco anos esta mañá celebrouse a feira en defensa do gandeiro da montaña, un xeito de empoderar a un sector que se sinte desprotexido, como nos conta un dos gandeiros participantes, pai de dous rapaces. Segundo Eduardo Pérez "os meus fillos non teñen o futuro aquí"

Mari Carmen Trabado, outra das gandeiras que participou na feira, tamén ten unha filla. Estúdalle farmacia. Mari Carmen non cre que a súa filla acabe adicandose á gandeiría. Moito traballo e pouco futuro, di. que:"dá moito traballo"

A asociaición territorio verde trata de dinamizar o sector coa recuperación da celebración desta feira. MIGUEL GONZÁLEZ, "TERRITORIO VERDE": "Isto axudará ao gandeiros, sen eles o rural non funciona"

Na organización esperan que esta sexa a primeira de moitas edicións desta feira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019