Despiden unha das vítimas máis novas do coronavirus en Galicia, con 46 anos e sen patoloxías
Publicado o 24/01/2021 15:34
Esta fin de semana despedían a José Ramón García, unha das vítimas máis novas que o coronavirus deixa en Galicia.
O pontecesán, de 46 anos, faleceu o venres pasado no hospital da Coruña. O seu falecemento conmocionou especialmente por tratarse dunha persoa nova, sen pataloxías previas.
Esta fin de semana, amigos e familiares, entre eles a súa muller e dous fillos adolescentes, dábanlle o derradeiro adeus.
Máis sobre Galicia
26/02/2021 20:00