CRTVG

Buscar

Despedir por baixas frecuentes non atenta contra o dereito á saúde

Publicado o 29/10/2019 20:25

O Tribunal Constitucional confirma que unha empresa pode rescindir un contrato se o traballador ten baixas reiteradas aínda que estean xustificadas. O Alto Tribunal pronunciouse a raíz da denuncia dunha traballadora despedida por faltar un total de 9 días en dous meses continuos. Este despedimento está avalado pola Lei do Estatuto dos Traballadores. E a denunciante alegaba que atenta contra os seus dereitos á protección da saúde, a integridade física e o traballo. Os xuíces din que non se vulneran estes dereitos e que a medida pretende aforrarlles ás empresas o custo do absentismo.

Ramón Quintela Miramontes, avogado laboralista: "Non quere dicir que podes botar unha persoa sempre que falte nesta porcentaxe. Sempre se exclúen enfermidades graves, accidentes de traballo, risco no embarazo, casos de violencia. Eses nunca poden ser obxecto de despedimento".

A sentenza provocou controversia dentro do propio Tribunal Constitucional. Apoiárona 8 maxistrados, pero votaron en contra os catro xuíces do sector progresista.

 

Noticias web

29/10/2019