CRTVG

Buscar

Despedimento en vez de baixa médica: UXT e CCOO reabrirán a vía xudicial se se aplica

Publicado o 05/11/2019 20:54

"Inhumana, desapiadada e claramente discutible", así consideran UXT e CCOO a sentenza do Tribunal Constitucional que avala en determinados casos o despedimento por absentismo aínda que estea xustificado por baixa médica.

Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT: "Antepón a produtividade, a marcha económica da empresa á saude. Pódese traballar cunha máquina, con todo o risco que supón, tendo febre?".

Os dous sindicatos consideran que esta sentenza contradí a normativa internacional e é froito do que cualifican como doutrina perversa da reforma laboral.

Unai Sordo, secretario xeral de CCOO: "Emprazamos o conxunto de partidos a que se pronuncien sobre este artigo da reforma laboral e se comprometan a corrixilo, a derrogalo".

UXT e CCOO manterán a vía xudicial para intentar ilegalizar esta modalidade de despedimento . E advirten que denunciarán e identificarán as empresas que despidan traballadores con baixas médicas xustificadas.

Noticias web

05/11/2019