CRTVG

Buscar

Desolación no barrio malagueño de Campanillas tras a borrasca Gloria

Publicado o 27/01/2020 14:32

Seguen os traballos de limpeza no barrio malagueño de Campanillas, arrasado polas inundacións que esta fin de semana deixou a tormenta Gloria.

A auga anegou vivendas e negocios e os veciños piden a declaración de zona catastrófica.

Centos de veciños limpaban este luns á mañá vivendas e negocios para volver a unha normalidade que levará moito tempo recuperar. A tromba de auga desta fin de semana arrasou boa parte do barrio.

A riada non deixou danos persoais, pero si moitos materiais e críticas ás autoridades.

Máis de 700 alumnos están hoxe sen clase á espera de que limpen o colexio e o instituto e revisen as instalacións de auga e da electricidade.

Os veciños confían en que o Goberno central declare o barrio como zona catastrófica, coa finalidade de que o consorcio de seguros se faga cargo dos danos.

Mentres, segue a busca do palangreiro que desapareceu a semana pasada en augas de Marrocos con seis tripulantes. Todo indica que puido naufragar logo de que onte aparecesen varios restos do barco.

E en Eivisa, confirmouse esta mañá a aparición doutro cadáver no mar, que podería ser do segundo dos homes desaparecidos durante o temporal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020