CRTVG

Buscar

Centos de persoas despiden no auditorio de Valga a Sandra, Alba e Elena

Publicado o 18/09/2019 08:09

Centos de persoas pasaron xa polo auditorio de Valga para despedir a Sandra, Alba e Elena. Os cadaleitos cos restos mortais das tres mulleres, vítimas da violencia machista, chegaron pasadas as tres da tarde, unha vez finalizadas as autopsias.

As primeiras horas foron só para a familia. Despois, a capela ardente quedou aberta para amigos e veciños, que non deixan de chegar para mostrar a súa dor polo sucedido e tamén a súa solidariedade coa familia. Ata aquí tamén se desprazaron membros da Cruz Vermella, Protección Civil e do colexio de psicólogos de Galicia.

A capela ardente estará aberta ata mañá ás seis da tarde. Despois celebrarase un funeral neste mesmo lugar e a continuación Sandra, Alba e Elena serán enterradas no cemiterio de Campaña.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019