CRTVG

Buscar

Desolación en Irán tras o terremoto do domingo, que deixa xa 530 mortos

Publicado o 14/11/2017 15:05

Desolación en Irán tras o terremoto de 7,3 graos que sacudiu a zona fronteiriza con Iraq e que deixou oficialmente 530 mortos e preto de 8.000 feridos. 

O presidente do país visitou a zona máis castigada polo sismo e prometeu axudar os milleiros de damnificados. 

Os equipos de salvamento seguen recuperando corpos sen vida de entre os cascallos dos edificios que derrubou o tremor. A situación é especiamente dramática en Sarpul Sahab, onde practicamente a metade dos edificios da localidade non soportaron o tremor de 7,3 graos que sacudiu a zona fronteiriza con Iraq o domingo á noite. 

A medida que pasaban as horas o desánimo foise abrindo paso entre os centos de persoas que agardaban que os equipos de salvamento atoparan xente con vida, pero as autoridades anunciaron hoxe que daban por rematadas as operacións de busca e de rescate.

As vítimas mortais que deixou o tremor son oficialmente 530 e hai preto de 8.000 feridos. Soufi Albasel foi un dos que logrou sobrevivir, unha sorte que non tiveron, como el mesmo recoñece, nin o seu fillo, nin o seu sobriño, nin o seu neto.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017