CRTVG

Buscar

Desmantelan varias organizacións de apoio loxístico ás narcolanchas e ao tráfico de tabaco

Publicado o 27/06/2020 11:52


Unha nova operación da Garda Civíl contra o narcotráfico en Alxeciras deu como resultado a detención de 65 persoas, a incautación de 20 embarcacións semirríxidas, máis de 40.000 paquetes de tabaco e 5.500 litros de combustible destinados ao abastecemento das lanchas.

As organizacións desmanteladas aproveitaban a súa infraestrutura para introducir ilicitamente tabaco desde Xibraltar por distintos puntos da comarca do Campo de Xibraltar pola costa, actividade que mantiveron durante o estado de alarma. Realizaban as operacións mesmo a plena luz do día, xerando grande alarma social entre os veciños das localidades afectadas, que subían vídeos ás redes sociais cos operativos policiais despregados.

Noticias web

27/06/2020