Desmantelan unha rede que enviaba a Colombia drogas de deseño ocultas en xoguetes
Publicado o 24/10/2021 12:10
Unha operación da Garda Civil logrou desmantelar unha rede que enviaba a Colombia drogas de deseño ocultas en envíos aéreos de xoguetes.
Os axentes do aeroporto de Baraxas interceptaron varios envíos e axiña se iniciou unha investigación que permitiu desartellar unha complexa armazón na que os membros da organización tomaban medidas de seguridade moi estritas para evitar ser identificados.
A operación permitiu a intervención de 7.665 gramos de MDMA, 74 gramos de cocaína rosa "tusi" e 1.000 gramos de substancias de corte. Hai dez detidos, cinco deles ingresaron xa en prisión.