CRTVG

Buscar

A policía detén seis membros dunha familia en Madrid por falsificación de produtos de luxo

Publicado o 29/08/2019 12:11

Axentes da Policía Nacional detiveron no distrito madrileño de Fuencarral-O Pardo seis membros dunha familia por un presunto delito contra a propiedade industrial ao falsificar produtos de luxo.

Durante a detención incautáronse de máis de 800 artigos, entre os que se atopaba bixutería, marroquinería e bolsos.

A investigación comezou por unha denuncia interposta por un representante das marcas de luxo que atopou nas redes sociais un anuncio en que se ofrecían artigos de marroquinería falsificados. Estes produtos distribuíanse en eventos de venda privada nun local de Fuencarral. Así, identificouse que a trama estaba composta por seis membros da mesma familia e estiman que conseguirían máis de 250.000 euros nun período de dous anos.

Estas falsificacións contaban, ademais, con certificados de autenticidade, confeccionados tamén polos detidos, e oscilaban entre os 150 e 200 euros.

Noticias web

29/08/2019