CRTVG

Buscar

Desmantelan unha rede de estafas en Internet que suplantaba a Tráfico e a Correos

Publicado o 10/07/2021 11:44

A Garda Civil desmantelou unha rede dedicada a estafar en Internet con ramificacións en Galicia, Madrid, Toledo, Badaxoz e Burgos coa detención de 16 persoas. Os arrestos producíronse en Ribeira, Madrid, Parla e Móstoles, en Seseña (Toledo), Vilafranca de los Barrios (Badaxoz) e Aranda de Duero (Burgos) polos supostos delitos de estafa e pertenza a organización criminal.

Utilizaban un software malicioso, instalado no ordenador da vítima co envío de correos electrónicos en que os atacantes agochaban a súa dirección e suplantaban a identidade de organismos como a Axencia Tributaria ou Correos. Lograron desviar ás súas contas grandes cantidades de cartos. A investigación deu con vinte delitos de estafa, por un importe defraudado de 276.000 euros dos que se recuperaron 87.000.

Houbo rexistros e os axentes lograron bloquear intentos de transferencias por un importe de 3.5 millóns de euros, despois de analizar 1.800 correos electrónicos. Tratábase dunha organización estruturada e xerarquizada en catro niveis. As mensaxes que recibían os denunciantes procedían de Facenda, Correos ou Tráfico co requirimento do pago de débedas fiscais, multas de tráfico ou a recollida de paquetes.

Os investigadores detectaron polo menos 68 contas de correo electrónico pertencentes a organismos oficiais infectados por troianos e outros virus maliciosos, que estaban á espera de consumar transferencias fraudulentas.




 

Noticias web

10/07/2021