CRTVG

Buscar

Desmantelan unha organización criminal dedicada ao cultivo e distribución de marihuana

Publicado o 05/08/2021 08:37
Desmantelan unha organización criminal dedicada ao cultivo e distribución de marihuana

Operación conxunta, coordinada pola Europol, da Policía Nacional, Garda Civil, e a Policía de Polonia. Desmantelaron unha organización criminal dedicada ao cultivo e distribución de marihuana. Nove persoas foron detidas, todas de nacionalidade polaca.

Nesta operación, chamada Zupa-Toro, atopáronse dúas plantacións de cánnabis con máis de 1.400 plantas e realizáronse intervencións de bens e cartos cun valor de 5 millóns de euros. Realizáronse rexistros en Valencia e Alacante.

A banda operaba a gran escala en Polonia e en España. Puido introducir máis dunha tonelada de cánnabis en Polonia, cun valor superior a 5 millóns de euros.

Noticias web

05/08/2021