CRTVG

Buscar

Desmantelan unha festa de seis mozos nun local de Carballo

Publicado o 08/02/2021 14:36

O volume da música e o balbordo foi o que alertou unha veciña da rúa do Salgueiro, en Carballo, que prefire non saír ante as cámaras, da festa que se estaba a celebrar nun local próximo á súa vivenda.

Cando chegou a Policía Local atopou no interior 6 mozos consumindo alcol, sen máscara e sen gardar as distancias de prevención.

Estaban a celebrar unha festa de aniversario e aseguraron descoñecer a normativa vixente que prohibe as reunións entre non conviventes.

"Como non van coñecer se xa levamos case un ano. E cando os maoires o sabemos, os mozos moito máis, porque teñen internet e teñen todo", di.

Durante a intevención policial, os axentes tiveron que requirirlle a algún dos mozos cos que estaban a falar que puxese a máscara.

Os veciños aseguran estar indignados con estas actitudes.

"Iso son cousas que se poden celebrar noutro momento e non é necesario poñernos en risco a todos, porque agora mesmo está a situación moi difícil".

"Non ten lugar, conforme estamos non é xusto que esa xente se estea divertindo desa maneira e os demais cumprindo as normas".

"Pois claro, se estamos todos pechados na casa case un ano. E os maires ainda nos retiramos pero os mozos son un desastre,de verdade que é un desastre".

Os 6 mozos mais a persoa propietaria do baixo en que se celebraba a festa enfróntanse a unha sanción de 600 euros cada un por quebrantar as restricións vixentes.

Noticias web

08/02/2021