CRTVG

Buscar

Desmantelan unha banda de moteiros que traficaba con drogas en Mallorca

Publicado o 16/01/2020 19:05

Desmantelada unha banda de moteiros que se dedicaba ao tráfico de drogas en locais nocturnos, festas clandestinas e prostíbulos de Mallorca, onde os integrantes traballaban nos equipos de seguridade. Hai polo menos seis detidos, entre eles o líder da banda, Stefan Milojevic.

Os axentes fixeron varios rexistros en Palma, Barcelona, Tarragona e Valencia. A banda enfrontouse en varias ocasións con outros grupos rivais da illa e tamén cos seareiros máis ultras do Real Mallorca.

Noticias web

16/01/2020