CRTVG

Buscar

Desmantelan unha banda acusada de introduir droga a través das Canarias

Publicado o 26/07/2021 09:12
Desmantelan unha banda acusada de introduir droga a través das Canarias

Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional interviñeron case catro toneladas de haxix nunha redada desenvolvida simultaneamente en tres provincias españolas. Hai cinco detidos, entre eles o líder da banda arrestado nas Palmas de Gran Canarias, o mesmo que un dos seus lugartenentes.

As outras tres detencións ocorreron en Madrid e Toledo. A banda introducía a droga, procedente do norte de África, a través das Illas Canarias, e desde alí era enviada á Península en contedores que se descargaban no porto de Alacante.

Noticias web

26/07/2021