CRTVG

Buscar

Desmantelan en Andalucía un grupo violento dedicado ao cobramento de débedas

Publicado o 19/06/2021 11:33

A Policía e a Garda Civil desmantelaron en Andalucía un grupo moi violento dedicado ao cobramento de débedas. Un empresario da construción relacionado co mundo do fitness de Sevilla lideraba a organización que tiña como lugartenente un ultra de fútbol condenado por agredir un afeccionado rival.

A operación permitiu a detención de oito persoas en Almonte en Huelva, na localidade gaditana de Sanlúcar de Barrameda e nas sevillanas de Benecazón, Espartinas, Arahal e Sevilla como supostos autores dos delito de pertenza a banda criminal, secuestro, lesións graves, contra a saúde pública, posesión de armas e roubo con forza.

As investigacións comezaron tras a alerta do secuestro dun home en Gelves, en Sevilla, cando distintas persoas observaron como uns individuos introducían a outro a punta de pistola no interior dun vehículo. A vítima presentou mais tarde denuncia e asegurou que estivo retido durante case 5 horas nunha vivenda mentres recibía ameazas e agresións físicas para reclamarlle 90.000 euros por liberalo. Asinou varios documentos sen poder saber o seu contido e non quedou libre ata que se comprometeu a entregar dous coches como garantía de pago, ademais das escrituras dunha vivenda.

Os axentes detectaron outra extorsión a un avogado sevillano ao que lle esixiron 79.000 euros por unha suposta débeda co empresario xefe do grupo. Descubriron outra agresión a outro hostaleiro do Aljarafe ao que ameazaron de morte a el e a súa familia.

O grupo estaba formado por persoas relacionadas co mundo do culturismo e do deporte de contacto, con numerosos antecedentes policiais.

Noticias web

19/06/2021