CRTVG

Buscar

Desmantelan dúas festas particulares e sancionan 17 persoas non conviventes en Pontevedra

Publicado o 27/04/2021 14:12

Foi a través das redes sociais onde un particular detectou a convocatoria para participar nunha festa nunha vivenda particular da parroquia de Mourente, en Pontevedra.

"Unha alerta de que na zona de Mourente hai convocada unha festa polas redes soiais. Con eses datos desprazámonos ao lugar e escoitamos desde a rúa música. Acceden a esta vivenda e atopan nove rapaces de vinte e tantos anos e proceden á súa identificación e sanción", di Manuel Omil, voceiro da Policía Local de Pontevedra. Foi mentres estaban a realizar estes trámites cando os axentes se decataron de que se seguía a escoitar música.

"Detéctase que dúas casas máis adiante tamén se estaba a celebrar outra festa, neste caso de 8 persoas. Nos estamos a falar de macrofestas, ou de grandes botellóns, pero si é cetro que estaban incumprindo e a policía ten que proceder a sancionalos neste caso por non conviventes", di Manuel Omil, Voceiro da Policía Local de Pontevedra.

Desde a Policía Local aseguran que se tratan de casos puntais e que, por norma xeral, tanto a cidadanía como o sector da hostalaría están a comportarse con gran responsabilidade.

 

Noticias web

27/04/2021