CRTVG

Buscar

Desmanteladas plantacións ilegais de marihuana nunha operación policial na Cañada Real, en Madrid

Publicado o 16/10/2020 08:09

A Policía Nacional prendeu polo menos 10 persoas nunha nova operación antidroga na Cañada Real, en Madrid. Máis dun centenar de axentes participaron desde primeira hora da mañá do xoves na operación. Rexistraron media ducia de naves e infravivendas para desmantelar as plantacións de marihuana que agochaban. Polo menos hai dez detidos nesta operación que tamén tiña como obxectivo rematar cos enganches ilegais á rede eléctrica.


 

Noticias web

16/10/2020