CRTVG

Buscar

Desmantelada unha organización criminal en Andalucía

Publicado o 22/06/2021 08:03
Desmantelada unha organización criminal en Andalucía

Nunha operación conxunta, axentes da Policía Nacional e da Garda Civil prenderon oito persoas en localidades de Huelva, Cádiz e Sevilla. Os detidos pertencen supostamente a unha banda moi violenta dedicada ao cobro de débedas. Son os presuntos autores dun delito de secuestro, lesións graves, roubo con forza, tenza ilícita de armas e delitos contra a saúde pública. O líder da organización era un empresario da construcción vinculado ao mundo do culturismo.

 

Noticias web

22/06/2021