CRTVG

Buscar

Desmantelada unha banda que explotaba sexualmente mulleres en locais de citas de Salamanca

Publicado o 27/06/2018 15:07

A Garda Civil desmantelou unha banda de traficantes de seres humanos que explotaba sexualmente mulleres venezolanas en locais de alterne de Salamanca.

Os axentes arrestaron os seis membros da banda e liberaron 13 mulleres. Os arrestos ocorreron en Salamanca, Valencia, Toledo e Venezuela, onde caeu o líder da banda, que permanece en prisión á espera de que se resolva o expediente de extradición.Intervíronse máis de dous millóns de euros en bens e produtos financeiros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2018