CRTVG

Buscar

Desmantelada en Málaga unha banda de traficantes de marihuana

Publicado o 30/04/2020 14:16

A Policía Nacional e a Garda Civil desmantelaron en Málaga unha banda dedicada ao tráfico internacional de marihuana.

Hai 19 persoas detidas, todas elas de nacionalidade chinesa, e os axentes interviñeron 9.000 plantas de marihuana en catro plantacións localizadas no interior de vivendas e naves da provincia malagueña.

Despois de prestar declaración diante do xuíz, trece dos detidos ingresaron no cárcere.
Están acusados dos delitos de pertenza criminal, tráfico de drogas, fraude, falsificación e roubo.

Noticias web

30/04/2020