CRTVG

Buscar

Desirée Vila, finalista na súa estrea nun mundial

Publicado o 12/11/2019 21:40

Tamén se estreaba nun Mundial de Atletismo Adaptado Desirée Vila. Hoxe disputou a final de salto de lonxitude en T63. A gondomareña quedou oitava cun mellor intento de 3 metros e 60 centímetros. Outra finalista que acrecenta o éxito galego neste mundial. Desirée amosábase así de satisfeita.

"É verdade que non estiven preto da miña marca persoal que é 3,94, fixen 3,60 pero para ser a miña primeira competición mundial e unha experiencia complicada porque tiñamos vento na contra, había moita competitividade, satisfeita porque, polo menos, rematou a temporada, fixemos unha temporada moi boa, moi dura".

Noticias web

12/11/2019