CRTVG

Buscar

Arrepiante testemuño dunha enfermeira na súa primeira garda do ano

Publicado o 04/01/2021 09:26

Unha enfermeira que trata a diaro persoas infectadas pola covid compartiu en redes sociais un dos testemuños máis estremecedores deste acabado de estrear 2021.

Nunha publicación en Facebook, Inés Lobeira conta como un home cunha pneumonía galopante pide na UCI que non o deixen sufrir, despois de saber que a súa muller, contaxiada, acababa de morrer. Esta sanitaria comeza a súa reflexión cun "acabo de espertar do que me gustaría que fose un pesadelo, na primeira garda do ano en Montecelo". Asumindo o que lles queda por ver.

Inés fai un rogo: "Apartade dos negacionistas", di, "de quen non use máscara ou pase das recomendacións. É o peor inimigo". E lanza unha mensaxe: "Hai que vacinarse".

Noticias web

04/01/2021