CRTVG

Buscar

Desfiles e concursos de comparsas e carrozas en Pontevedra

Publicado o 22/02/2020 21:27

Este sábado de entroido, nas dúas cidades principais da provincia, Vigo e Pontevedra pero tamén nas vilas máis pequenas os protagonistas son os desfiles, os concursos de comparsas e carrozas e como non todos e todas os que desde a barreira se atreven cun disfraz sexa pola motivación que sexa.

En Pontevedra o desfile percorreu o casco histórico da cidade, de Loureiro Crespo á Alameda. O rei do entroido, Urco, o irmán de Teucro, e o seu séquito ían na cabeza.

Tras de Urco comparsas ben coñecidas na cidade como os Canecos ou os Paparrulos, ou o equipo de Rodando cun programa de apoio aos disminuídos físicos e psíquicos.

As dúas parroquias de Cobres, en Vilaboa, protagonizan o entroido máis tradicional pontevedrés. Remóntase ao século XVIII. Madamas e Galáns acompañados de gaiteiros interpretan o seu pasarrúas particular bailando muiñeiras, jotas" e mesmo algún"agarrao". A organización loita por conquerir a declaración de festa de interese turístico nacional.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/02/2020