CRTVG

Buscar

Desfile de entroido na cidade de Ourense

Publicado o 03/03/2019 21:47


O desfile de Ourense arrebatoulle ao tráfico esta tarde o centro da cidade, nunha exhibición de enxeño que ata despista.

A rúa Xoán XXIII transmutada na Mercaderes de Pamplona nun completo simulacro dos sanfermíns.

As coreografías máis traballadas e os deseños futuristas compartiron espazo cos disfraces nostálxicos das vellas cintas de casete e uns accidentados coches de choque.

Ata os tenistas máis famosos disputaron un torneo de élite en que non faltaron os autógrafos.

O frío polar de Calvos de Randín e Xinzo de Limia e os paraugas londinenses da imperecedeira Mary Poppins cotribuíron a quentar o ambiente nunha tarde que ameazou chuvia, pero non augou a festa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019