CRTVG

Buscar

Desfile de carrozas, boteiros e folións en Viana do Bolo

Publicado o 23/02/2020 15:11

Tamén é día grande do Entroido en Viana do Bolo. Cos seus folións e boteiros, a vila celebra un dos entroidos máis tradicionais de Galicia.

É o día grande do Entroido aquí, en Viana do Bolo. Celebran o Domingo Gordo, a xornada en que un gran desfile de boteiros, carrozas e folións percorre as rúas da vila. Soan centos de aixadas e bombos procedentes de ducias de aldeas da comarca, e son precisamente os boteiros os encargados de abrirlles paso ata a praza maior a través das rúas.

Este Entroido de Viana está declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. É un dos máis antigos e con máis tradición da nosa comunidade. Hoxe, como cada ano nestas datas, coincide tamén a celebración da Festa da Androlla. Cumpre cincuenta anos, e nela se encontrarán, conforme aos cálculos, arredor de tres mil comensais.

Xa ven que sobran alicientes para visitar Viana durante o seu Entroido: tradición, festa e moita cor nas rúas, onde non falta tampouco a paixón da veciñanza por esta festa.

Noticias web

23/02/2020