CRTVG

Buscar

'Deseucaliptización', convértese na palabra do ano en galego

Publicado o 27/12/2018 20:51

'Deseucaliptización', esta é a palabra do ano en galego. O termo aínda non está no dicionario da Real Academia Galega, pero quizais non tarde en entrar porque reflicte unha preocupación medioambiental crecente e, segundo os académicos, axústase ás regras de formación de palabras propias da nosa lingua. 

Pois pese a iso foi a favorita dos seguidores do Portal das palabras. Describe unha realidade cada vez máis presente no o debate social.

Desde o ano 2014 o Portal das Palabras creado pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié promove esta votación popular sobre as voces do ano. Nesta ocasión a deseucaliptización sumou unha considerable vantaxe con respecto as outras finalistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2018