CRTVG

Buscar

Desestiman a anulación das probas que pedía o Chicle para o xuízo de Diana Quer

Publicado o 15/05/2019 08:58

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña desestimou as cuestións previas expostas pola defensa de José Enrique Abuín Gey, o Chicle, o sospeitoso de matar a Diana Quer en agosto de 2016 na Pobra do Caramiñal.

A defensa do Chicle nas súas cuestións previas alegaba a "vulneración de dereitos fundamentais do acusado" e reclamaba a nulidade de varias probas obtidas durante a fase de instrución. Con todo, a Sala, segundo o ditame divulgado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, desestimou as súas pretensións, polo que esas probas si serán empregadas durante a vista do xuízo, que se celebrará con xurado popular nunha data aínda por determinar.

Con esta resolución, a sala deu por propostas as novas probas ás que aluden nos seus escritos a acusación particular e a defensa e deu por formulados polas partes os argumentos de oposición ás probas propostas polas demais partes que constan nos seus escritos.

Deste xeito, a Audiencia da Coruña fixou as probas que se verán no xuízo pola morte de Diana Quer que, previsiblemente, celebrarase este mesmo ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019