CRTVG

Buscar

Desestiman os recursos contra o peche da instrución do accidente de Angrois

Publicado o 30/10/2020 08:35
Desestiman os recursos contra o peche da instrución do accidente de Angrois

O xulgado de Santiago desestima os recursos de reforma interpostos contra o peche da instrución do accidente do Alvia. Así, o auto queda como estaba.

Nel, o xuíz ordenaba que a causa seguira contra o maquinista e o que fora director de Seguridade do ADIF por se os feitos que se lles imputan fosen constitutivos de 80 delitos por homicidio por imprudencia e 144 por lesións.

Aínda quedan por dirimir os recursos de apelación que as partes presentaron na Audiencia Provincial da Coruña. Cando se resolvan, o peche da instrución será firme e fixarase a data para o xuízo.

Noticias web

30/10/2020

Máis sobre Santiago de Compostela