Desestimado o recurso dos Franco contra a comparecencia de Sada e da Xunta no caso Meirás
Publicado o 05/11/2019 12:27

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña desestimou o recurso dos Franco contra a presentación do Concello de Sada e a Xunta de Galicia na demanda do pazo de Meirás por considerar que existe un interese lexítimo na intervención, segundo informou o consistorio de Sada.
Este martes foille notificado ao Concello por parte do xulgado o auto polo que se desestima o devandito recurso de reposición presentado polos Franco contra o auto do 10 de setembro polo que se acordaba a intervención do Concello de Sada e da Xunta de Galicia na demanda.
Máis sobre Sada
26/02/2021 17:40