CRTVG

Buscar

Desenvólvese en Ourense un campeonato de debate durante a fin de semana

Publicado o 06/04/2018 15:33

Se vostede ten seguridade en si mesmo, está informado e sabe improvisar, podería chegar a ser o mellor orador do mundo. Unha rapaza de Ourense conseguiuno. Unha artista da palabra que nos dá as claves para chegar ao máis alto dentro do mundo do debate.

As claves van ligadas á seguridade nun mesmo e a estar en continua formación. En Ourense desenvólvese ao longo de toda esta fin de semana un campionato de debate.

Os participantes teñen quince minutos para preparar un tema e defendelo. Artistas da oratoria que se retan nesta competición dialéctica para tratar de demostrar quén é o mellor.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/04/2018