CRTVG

Buscar

Desenvolven unha PCR para certificar a autenticidade do aceite de olivas galegas

Publicado o 29/12/2020 14:48

O obxectivo é evitar a adulteración dos produtos alimentarios

A PCR fíxose universalmente coñecida ao longo deste ano, pero esta proba é moi versátil e a súa técnica emprégase para moitos outros fins desde hai anos. Agora, un grupo de investigadores luso-galaicos desenvolveu unha nova proba baseada na PCR para certificar o aceite de oliva galego.

"O que fixemos foi desenvolver un método molecular para identificar e autentificar as variedades típicas do aceite de Galicia, de aceituna autóctona", explica Marta Prado, investigadora do Instituto de Nanotecnoloxía de Braga.

A PCR amplifica a secuencia de ADN que se quere analizar e é quen de identificar as características únicas das variedades de oliva mansa e brava, xenuinamente galegas. Trátase de evitar a fraude nun dos produtos alimentarios con máis risco de ser adulterado. Unha vez probada a súa eficacia, o seguinte paso é levalo á práctica.

"Deseñamos un prototipo e agora estamos nunha segunda fase que consiste en comprobar o potencial desta tecnoloxía, transferila e facer probas nunha empresa".

Agora xa se estuda aplicar esta tecnoloxía a outros alimentos como a castaña ou o viño.

Noticias web

29/12/2020