Deseños dun taller de cestería de Pazos de Borbén desfilan polas grandes pasarelas do mundo
Álvaro recíbenos no taller onde pasa a meirande parte do día. Rodeado das súas creacións e inmerso nos seus novos traballos. Aquí, tradición e vangardismo mestúranse dun xeito natural. E iso desatou o interese dunha gran firma de moda cando Álvaro divulgaba a nosa tradición nun evento de artesanía.
E foi quen de facelo e foi quen de levalo aos desfiles de moda máis importantes do mundo. O bolso é unha variante deste outro que está no seu taller. Pediullo a súa filla e agora esa idea está na colección desta marca e nas tendas de toda Europa.
Porque Álvaro, amais de cesteiro, é investigador e divulgador da cestería tradicional. Unha boa proba son os seus estudos por toda Galicia e norte de Portugal para recuperar a tradición das corozas primitivas. Estas desapareceron nos anos 60 coa chegada do plástico.
E rodeado de xuncos, xestas, tiras de vimbio ou palla de centeo, Álvaro segue traballando nas súas creacións nese afán divulgador e de conservación da cestería galega. As súas técnicas ancestrais xa viaxan por todo o mundo e en breve veremos máis dos seus traballos na nova colección desta marca que leva o selo de Galicia.