CRTVG

Buscar

Deseño e fabricación na Coruña con tecnoloxía 3D en pezas únicas

Publicado o 06/10/2018 15:26

A tecnoloxía de impresión en tres dimensións ten aplicacións case infinitas. Materializar unha idea nunha peza única é a razón de ser de ITFAB, unha empresa creada na Coruña que se dedida ao deseño e á fabricación de obxectos en 3D para unha carteira de clientes realmente heteroxénea.

Carlos, Iago e Roberto estudiaron Deseño Industrial en Ferrol. Alí xermolou ITFAB, unha empresa dedicada ao modelado e á fabricación de pezas en 3D.


"O que tiñamos claro é que queriamos divertirnos e facer algo que nos gusta. Pasámolo ben facendo cousas que saen da nosa cabeza e fabricándoas ao momento. Iso exportámolo a un modelo de negocio no que lle das a outras persoas e empresas a posibilidade de facer o mesmo: poder fabricar e ter algo nas mans canto antes".


"Unha vez que o obxecto está modelado, poden fabricalo todas as veves que queiran sen pasar outra vez pola fase de modelado. En series curtas de produtos é máis rentable fabricalo con nós en vez de facer un molde, por exemplo".

Dan servizo pincipalmente a empresas, pero tamén traballan para particulares. Basta con ter unha idea debuxada en papel. En ITFAB deseñan, modelan e fabrican utiizando un modelo propio de impresora e primando o uso de materiais sostibles.


"Actualmente traballamos cun modelo de impresora 3D deseñada por nós. É a técnica máis aberta de todas as de impresión en 3D. Funciona fundindo unha bobina de filamento de PLA, un material biodegradable que sae do maíz, e depositándoo en función do código que introduces previamente".


Ofrecen solucións de fabricación e asesoramento a clientes que adoitan buscar pezas moi concretas e únicas, por exemplo para rotulación ou cartelería de negocios. En ITFAB tamén fan deseños propios utlizando a tecnoloxía de impresión en 3D. Aínda están dando os primeiros pasos, pero queren aumentar a súa capacidade de produción e democratizar o uso destes métodos de fabricación na sociedade e na industria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2018