CRTVG

Buscar

Deseñan unha cabina de desinfección que actúa en cinco segundos

Publicado o 17/06/2020 15:41

A tecnoloxía galega continúa achegando solucións contra a pandemia. A última proposta é unha cabina de desinfección deseñada en Cambre. En só 5 segundos, esta cabina deseñada en Cambre lograría eliminar o coronavirus de todo tipo de superficies e tecidos.

A operación é sinxela, os obxectos pulverízanse cun virucida autorizado e quedan listos para un uso seguro. Din aquí que pode ser especialmente útil para desinfectar percheiros con roupa despois de probala nas grandes superficies comerciais, pero tamén podería valer para axilizar a limpeza de carros e cestas da compra ou as padiolas dos hospitais.

Destacan que se trata dun produto totalmente galego, co que se acurtarían os prazos de entrega e se reduciría a dependencia de empresas estranxeiras neste tipo de dispositivos.

Creárona para que os sanitarios das UCI entraran e desinfectaran os seus equipos de protección. Pero como aínda non hai un virucida autorizado para usar sobre as persoas, reorientaron o uso da súa cabina cara á desinfección de obxectos e roupa.

Roupa, carros da compra, padiolas, cadeiras de rodas... todo o que colla dentro queda listo para un uso seguro en cuestión de segundos. 

Queren achegar solucións contra a pandemia, como fixeron coas pantallas, os dispensadores de xel ou este cubo, que protexe os sanitarios á hora de entubar os pacientes.

O deseño de dispositivos anticovid salvou parte do negocio desta empresa de carpintería e rótulos, que xa pensa en novas ideas para combater o virus.

 

 

Noticias web

17/06/2020