CRTVG

Buscar

Bos días

Deseñada unha boia para producir enerxía coas ondas do mar

Publicado o 13/06/2018 09:45

O porto exterior de Punta Lagosteira, preto da Coruña, vai acoller un proxecto para poder aproveitar a enerxía das ondas de xeito experimental. Alí vaise instalar unha boia para producir electricidade de xeito sustentable.

Tras dous anos de traballo este prototipo faise realidade. Unha boia, parecida ás oceanográficas que rexistran por exemplo a altura das ondas, vai tratar de demostrar que é viable aproveitar precisamente a enerxía desas ondas para producir electricidade. Esta boia de Lagosteira vaise instalar a uns cincuenta metros de profundidade, nun lugar que en xaneiro chegou a medir unha onda de case 20 metros de altura.

É unha enerxía renovable e limpa. Galicia posúe das mellores condicións do mundo para aproveitar a enerxía das ondas, e precisamante iso foi o que levou este grupo de investigadores a deseñar este prototipo. Polo momento, só Galicia e o País Vasco teñen en marcha proxectos similares.

Polo momento trátase dun proxecto experimental, e logo dun ano veremos se, como agardan os investigadores, se pode converter nun sistema comercial de produción de electricidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

13/06/2018